21 jun. 2017

LER NO VERÁN     


Resultado de imagen de libros verano


Xa chegou o final de curso e non podedes irvos sen levar algún compañeiro que vos divirta, ensine, vos fago coñecer outros mundos...referímonos obviamente a un libro. Tedes unha serie de recomendacións á entrada da biblioteca que esperamos que vos sirvan.


FELIZ VERÁN!!!!!

19 may. 2017

CARLOS CASARES

Expoñemos os fondos de Carlos Casares que están á vosa disposición na biblioteca.

Neste ano 2017 é Carlos Casares ( 1941-2002) o homenaxeado na celebración das Nosas Letras Galegas.
Carlos Casares, oriundo de Ourense, marchou vivir a  Xinzo de Limia onde o seu pai era mestre. Aos 12 anos vai estudar ao Seminario de Ourense por desexo da súa nai, muller de profunda relixisiodade. Nesta etapa espértase en Casares a súa aficción polas letras;  no Seminario escribe no periódico El Averno, unha das primeiras incursións de o escritor no mundo literario. Dende entón le canto pode, dende os clásicos grecolatinos ata autores considerados por algúns sectores conservadores como perigosos  para a moral, tales como Balzac, Voltaire, Flaubert...
No primeiro concurso de relatos que gañou estaba de xurado Vicente Risco, o cal alabou o escrito de Carlos Casares. Desta ocasión surxe unha amizade con Risco, breve porque uns poucos anos máis tarde morre, que se traduxo nunha serie de encontros, moi fructíferos literariamente, con  escritores entre os que estaban Xaquín Lorenzo, Xaime Quesada e Ferro Couselo entre outros.
Nos anos sesenta, xa en Compostela, forma parte dun grupo de estudantes galeguistas liderado por Ramón Piñeiro. Estuda Filosofía e  principia a publicar en 1967 un libro de relatos xuvenís, Vento Ferido, que non hai moito tempo foi traducido ao inglés.
Con un libro para nenos, A Galiña Azul de 1968, deixa claro que os seus libros teñen un público e temáticas do máis diverso. Así, a súa seguinte novela, Cambio en tres, trata sobre a emigración.
Na  década dos 70 casa con Kristina Berg e publica As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío e Ilustrísima, esta última a súa obra máis popular. 
Polos anos 80 destaca a súa andaina política, preséntase como galeguísta independente na listas do PSdG-PSOE. Tradúcense algunhas das súas obras e publica biografías sobre Vicente Risco e Otero Pedrayo. Xa a principios dos 90 comeza a publicar unha columna diaria, Á marxe, na "Voz de Galicia". Tamén saen á luz os seus derradeiros libros: Deus sentado nun sillón azul (1996), Un país de palabras (1998) e  O sol do verán (2002). Neste mesmo ano morre o 9 de Marzo.

3 may. 2017

DÍA DO LIBRO NO FONTEM ALBEI;   EDUARDO MENDOZA,  E. A. POE.

Cartel oficial difundido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para conmemorar o Día Do Libro 2017. O cartel, elaborado polo Premio Nacional de Ilustración 2016  Javier Sáez Castán, está inspirado na novela "Sin noticias de Gurb", de Eduardo Mendoza.










Para celebrar o Día do Libro 2017, recordamos a E. A. Poe e ao galardonado co premio Cervantes 2016 Eduardo Mendoza. O Equipo da Biblioteca elaborou unha exposición informativa sobre aspectos bibliográficos e biográficos destes dous escritores, e os Departamentos de Lingua Castelá  e de Inglés organizaron unha lectura ininterrumpida de Sin noticias de Gurb, de E. Mendoza  e de The Fall of the House of Usherde E.A.. Poe.
Do mesmo xeito que o curso pasado, os alumnos leron dous minutos cada un, por clases, e os profes tamén o fixeron durante o recreo. 
Durante esta semana podedes consultar dez libros da exposición de E. A. Poe que trouxemos da Biblioteca Nodal de Lugo. Teñen un marcapáxinas para distinguilos.
Aquí tedes algúns detalles da exposición:







As fotos da lectura podedes velas no Facebook do Instituto.










17 abr. 2017

POESÍA NO FONTEM ALBEI

No Certame de Poesía que se celebrou en Marzo quedou ben presente o carácter plurilingüe do Fontem Albei xa que os alumnos leron Poesía en catorce linguas distintas ( enttre elas Galego, Castelán, Francés, Inglés, Catalán, Croata, Latín, Grego.... O Certame estivo organizado polo Equipo de Dinaminación lingüística e o departamento de Latín.







Ao final do acto, Victor e Rocío, de 1º de Bac.,  deleitáronnos coa música de acordeón.


Aproveitando que no mes de Marzo celébrase tamén o Día da Árbore, as lecturas iban acompañadas de imaxes de curiosas árbores xunto coa poesía correspondente e da música da guitarra do  noso lector de Inglés, Steven.

7 abr. 2017

UN CAMIÑO, MIL CULTURAS
Bibliografía sobre O Camiño que se pode consultar na biblioteca.

 Ese é o título do proxecto levado a cabo no noso Centro durante o pasado mes de Marzo. Seguindo na liña do traballo feito no curso pasado, o alumnado constituíuse nun “Congreso” no que cada grupo expuxo ao resto dos compañeiros distintos proxectos de mellora da accesibilidade e de proxección da vila coa finalidade de que os peregrinos que se achegan á zona poidan disfrutar de todos os aspectos da contorna da Fonsagrada. O proxecto podería aplicarse a calquera vila do camiño de Santiago.
Para elaborar cada proxecto de mellora do Camiño partíuse do Código Ético Mundial Do Turismo, cuxos 10 artigos serviron de base e guía. O CEMT é un documento, elaborado pola Organización Mundial Do Turismo, que auna pretensións humanistas, económicas e culturais en pro dun turismo responsable.
Turismo e peregrinaxe constitúen un todo que a zona de Fonsagrada necesita desenvolver e revalorizar, e dende o noso Centro poñemos o noso graniño de area para que isto sexa posible. 
 Os alumnos de 4º da ESO, veteranos participantes no curso anterior, foron os encargados da organización.












Tedes máis fotos e algún video no Facebook do instituto.

19 mar. 2017

XA TEMOS OS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE SAN VALENTÍN


Na nosa árbore xa están os nomes dos gañadores do IV Certame de Cartas de Amor e do I Concurso de Felicitacións Creativas






No  IV Certame de Cartas de Amor os gañadores son os seguintes:

               1º Premio: Paula Martínez. 2º ESO
               2º Premio: Carmen Cancio. 2º ESO
               3º Premio: Laura García. 1º Bac.
               1º Accésit: Uxía Castro. 2º ESO
               2º Accésit: Miguel Rodríguez Elvira. 2º ESO







Paula Martínez. 1º Premio do  IV Certame de Cartas de Amor

3º Premio do  I Certame de Cartas de Amor


No  I Concurso de Felicitacións Creativas as gañadoras foron:

  1º Premio: Sabela e Noelia. 4º ESO. Por: " Cupido"
  2º Premio: Uxía Castro. 2º ESO. Por: "You light up my life!"









15 mar. 2017

O DÍA DA MULLER NO IESP FONTEM ALBEI. MULLERES NA SOMBRA